COMPOSTELA IN-AUDITA : meditacións sonoras urbanas
unha aproximación á espiritualidade da cidade a partir das súas falas e do seu son
Compostela In-Audita é un proxecto de escoita, documentación e transformación artística do patrimonio sonoro e oral contemporáneo de Santiago.
Esta iniciativa do compositor, artista e produtor musical galego NACHO MUÑOZ consiste na produción dun FILME SONORO de 50 minutos, elaborado a partir de falas de persoas e ambientes sonoros gravados en diferentes parroquias de Santiago. Ao longo de diferentes derivas e percursos polo concello, Nacho Muñoz creará unha serie de audio-performances escoitando e interactuando cos sons de cada localización, fundíndose coa paisaxe sonora específica de cada lugar, e producindo o material audiovisual co cal posteriormente será editado e estructurado o filme.
En cada unha destas localizacións, Nacho Muñoz vai interagir co territorio dende a voz, o corpo e os instrumentos con distintas técnicas de composición contemporáneas, mergullándose na fala das persoas e a paisaxe sonora do lugar, e xerando deste xeito os materiais audiovisuais para o filme.
Por outra banda, segundo a nosa experiencia de anos escoitando e cartografiando a dimensión sonora dos territorios e as sociedades onde vivimos, nestes caóticos e á vez homoxeneizados ecosistemas globais, tan a miúdo similares uns aos outros, consideramos sen dúbida á fala das persoas e os seus sotaques coma o acontecemento diferenciador máis relevante á hora de definir a identidade sonora dun territorio, inclusive por riba de sons tan emblemáticos coma campás, paxaros, motores, sirenas, e outros sons tan frequentes e recoñecíbeis na maioría das cidades e vilas occidentais.
Neste senso, unha das vías de transformación máis salientables que coñecemos é a posibilidade de medir mediante sensores o que acontece nun espazo determinado (humidade, temperatura, espectro electromagnético, etc, ) e "traducir " esa información por exemplo a sons, cores ou notas musicais.
Deste xeito, mediante convertedores de sinal analóxica á dixital (Arduinos, Midi, Osc, etc) podemos transformar por exemplo as gravacións da fala das persoas en notas musicais, tendo así a oportunidade de revelar o son e a música que hai detrás das palabras, así como tamén as sutís diferencias entre os sotaques de cada zona da cidade, algo que moitas veces pasa desapercibido nos procesos da fala habituais.
En resumo, este proceso de conversión A/D, utilizado en Compostela In-Audita, permítenos explorar a nosa lingua dende a súa dimensión fonética, elemento fundamental para a comprensión da expresión oral da fala, e que abre tamén unha morea de posibilidades para a súa recreación artística e estética.
Por tanto, a través dun proceso de escoita atenta, a creación desta obra audiovisual implica tanto unha posta en valor da imensa riqueza patrimonial inmaterial de Galicia coma unha aproximación á espiritualidade de Compostela e a súa historia, reveladas a partir do seu son e das súas falas e sotaques.
Para finalizar, xa en termos conceptuais, Compostela In-Audita será unha obra audiovisual onde a composición musical xorde como o elemento principal da construción narrativa. Esa particularidade implica posicionarmos nunha especie de estética da existencia, de modo a fundir a experiencia coa linguaxe, abordando de maneira sensíbel e afectiva a “viaxe”, de-codificando a súa información sonora e incorporándoa na nosa vida a través da dimensión sonora dos espazos que habitamos, interrogándonos sobre de que forma o son pode contribuír na construción do espazo público-privado. A través de esas arquitecturas inmateriais xorde unha parte da historia da cidade revelada a partir das súas falas e sons, unha especie de construción simbólica de Compostela e súa mitoloxía sonora